Política de privacidade
Esta Política de Privacidade aplícase cando se utiliza o sitio web «xerux.gal», titularidade de XERUX SERVIZOS ONLINE S.L. (en diante, o Responsable), e cando se utilizan os medios de contacto publicados no sitio web (correo postal, correo electrónico, teléfono e WhatsApp).
O Responsable trata os datos de forma lícita, leal e transparente. Unicamente trata aqueles datos que son adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins determinados, explícitos e lexítimos para os que os obtén, e non os trata para fins incompatibles con aqueles.
Esta Política é permanentemente accesible a través da ligazón habilitada no sitio web, denominada “Política de Privacidade”, e pode actualizarse en calquera momento, ben como consecuencia dun cambio normativo ou ben por modificarse a configuración do sitio web.
Quen é o Responsable do tratamento?
Razón Social: XERUX SERVIZOS ONLINE S.L.
NIF: B25977968
Teléfono: +34 698122991
Correo electrónico: contacto@xerux.gal
Con que finalidade e lexitimación trata os datos?
Para navegar polo sitio web «xerux.gal» non é necesario achegar ningún dato. O carácter obrigatorio da resposta ás preguntas que se formulen, ou dos datos que se solicitan a través do sitio web, indícase mediante a incorporación dun asterisco (*) a continuación da pregunta ou campo do formulario. En caso de non fornecerse os datos requiridos non será posible prestar o servizo ou funcionalidade solicitados.
O Responsable trata a información rexistrada de conformidade coas seguintes finalidades:
- Contacto: os datos remitidos a través de calquera dos medios e/ou canles de contacto facilitados na web, utilízanse coa finalidade de xestionar as solicitudes recibidas. As bases lexitimadoras do tratamento son o consentimento da persoa interesada e o interese lexítimo do Responsable do tratamento de atender e xestionar as peticións recibidas.
- Exercicio de dereitos: os datos fornecidos utilízanse coa finalidade de atender e dar resposta ás persoas interesadas que exerzan os seus dereitos conforme á normativa sobre protección de datos. A base lexitimadora do tratamento é o cumprimento dunha obriga legal.
- Notificacións sobre protección de datos: os datos fornecidos utilízanse coa finalidade de xestionar os incidentes e notificacións relacionados coa seguridade de conformidade coa normativa sobre protección de datos. A base lexitimadora do tratamento é o cumprimento dunha obriga legal.
O Responsable unicamente tratará datos persoais de conformidade coas finalidades descritas nesta Política. Os datos fornecidos e recollidos serán tratados única e exclusivamente durante o tempo necesario e para as finalidades para as que se recabasen en cada momento, así como para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar das finalidades do tratamento. O Responsable estableceu diferentes prazos de conservación en función do tipo de datos e a finalidade aplicable ao seu tratamento. Os datos tratados con base no consentimento da persoa interesada serán conservados ata que esta revogue o seu consentimento, salvo que deban conservarse bloqueados para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou en cumprimento dunha obriga legal.
As persoas que utilicen os medios de contacto identificados no sitio web son as únicas responsables da información que fornezan ao Responsable, e deben absterse de fornecer datos de carácter persoal doutras persoas, salvo que dispoñan da pertinente autorización, segundo a cal ditas persoas serán previa e debidamente informadas sobre o contido da presente Política de Privacidade e, en concreto, que consenten que os seus datos sexan facilitados ao Responsable para ser tratados conforme ás finalidades que correspondan.
Non se autoriza a utilización do sitio web nin dos medios de contacto previstos no mesmo a menores de catorce anos.
A que destinatarios se comunicarán os datos?
O Responsable non comunica datos de carácter persoal a terceiros, salvo que unha norma con rango de lei dispoña o contrario ou medie consentimento expreso do interesado. O Responsable poderá comunicar datos persoais ás autoridades competentes: fiscais e aduaneiras, xudiciais, forzas e corpos de seguridade do Estado, e calquera outro destinatario que en función da normativa vixente resulte de aplicación.
Os datos enviados a través do sitio web «xerux.gal» almacénanse nas instalacións do provedor de servizos do Responsable, situado dentro do territorio da Unión Europea, Supabase Inc, situados en centros de datos de Amazon Web Services (AWS) en Irlanda. En caso de utilizar WhatsApp como método de contacto, ditos datos almacénanse nos servidores de WhatsApp, LLC., entidade que se atopa situada en EE.UU. e está suxeita ao Marco de Privacidade de Datos UE-EE.UU., de conformidade coa Decisión de Execución (UE) 2023/1795 da Comisión do 10 de xullo de 2023.
Cales son os teus dereitos en relación aos teus datos?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación de se o Responsable está tratando ou non datos persoais que lle concirnan, a acceder aos seus datos persoais, e a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou completar os datos incompletos.
Así mesmo, ten dereito a solicitar a supresión dos seus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos. O Responsable procederá á supresión dos mesmos sen dilación salvo que sexa necesario conservalos en cumprimento dunha obriga legal, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso se procederá ao seu bloqueo e só poderán ser tratados para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Do mesmo xeito, as persoas interesadas teñen dereito, en determinadas circunstancias, a recibir os datos persoais que fornecesen ao Responsable, nun formato estruturado de uso común e lectura mecánica.
En determinadas circunstancias e por motivos baseados na situación particular da persoa interesada, esta poderá oporse ao tratamento dos seus datos e o Responsable deixará de tratalos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Todos estes dereitos poden exercitarse, en calquera momento solicitándoo a XERUX SERVIZOS ONLINE S.L enviando un correo electrónico a contacto@xerux.gal.
No caso de que se solicitase o consentimento da persoa interesada para tratar os datos, pode revocarse o mesmo en calquera momento comunicándoo nos termos descritos no parágrafo anterior. Esta revocación en ningún caso terá carácter retroactivo.
Se a persoa interesada considera que non obtivo satisfacción no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, autoridade de control competente en materia de protección de datos, cuxos datos de contacto son: rúa Jorge Juan, 6 - 28001 Madrid.
Última actualización
01 de febreiro de 2026